Servizo a usuarios

O centro esta emprazado nunha zona de espazos amplos e en contacto coa natureza e ao mesmo tempo no enclave do tecido empresarial da vila. a súa xestión lévase a cabo dende a “Fundación para a protección de persoas con discapacidade psíquica de Vilalba Terra-Cha”.

O centro conta cos servizos básicos de transporte e comedor.

Servizo de transporte: presenta certas peculiaridades derivadas do compromiso de adecuación ás necesidades dos pasaxeiros/as. a dispersión poboacional e ao envellecemento das súas familias fai imprescindible que o transporte se achegue a cada un dos seus domicilios para que os usuarios/as asistan ao centro.

Servizo de comedor: este servizo proporciona os menús e as dietas adecuadas ás necesidades nutricionais de cada usuario, e adaptándose as circunstancias vitais: envellecemento, aparición de enfermidades crónicas ou curables, así como a tratar de “paliar” os efectos dos hábitos nutricionais familiares, o sedentarismo, etc.

Servizo de formación

Trabállanse hábitos de autonomía persoal social e laboral, levando a cabo o programa de actividades dentro do modelo de atención centrado na persoa.

As actividades a desenvolver nesta área teñen por finalidade adestrar e formar as persoas usuarias en actividades ocupacionais e, en función da súa capacidade, en actividades de carácter pre-laboral que lle capaciten para o acceso a un posto de traballo.

O traballo nesta área supón que as súas necesidades son atendidas dende un enfoque formativo e terapéutico e partindo dunha atención integral e individualizada, para que poidan acceder a programas de adaptación no grupo e a certas tarefas no ambiente dun obradoiro ocupacional, en función da súa capacidade.

Nos distintos obradoiros pretendese manter ou mellorar as habilidades e aptitudes laborais dos usuarios.

Os obradoiros son unha das razóns de ser do centro ocupacional.

Contamos con 4 obradoiros: serigrafía, carpintaría, xardinaría e obradoiro creativo.

Obradoiro de serigrafia: elaboranse un gran variedade de produtos artesanalmente e con serigrafía plana, como bolsas, roupa de traballo, camisetas, sudadeiras, mandils…

Obradoiro de carpintaría: neste obradoiro os usuarios realizan un amplo abano de produtos de madera artesanais e danlle os acabados en forma de berniz ou pintura. Este obradoiro traballa en sintonía co de serigrafía, estampando os logotipos e as inscripcións solicitadas polas empresas e particulares que realizan os encargos.

Obradoiro de xardinaría: tarefas de plantación coidado e conservacióo en invernadoiro e o manexo da maquinaria para levar o mantemento dalgunhas zonas verdes do concello de Vilalba.

Obradoiro creativo: trabállase a creatividade creando produtos moi variados a partir de deversos materiais.

Todos os produtos teñen a sensibilidade e selo da entidade.

Área de apoio persoal e social

Paralelo ao desenrolo das actividades de formación, trabállase esta área para lograr unha maior habilitación persoal e unha maior adaptación á comunidade, contribuíndo a unha mellora da relación da persoa co entorno físico e social.

Programa de actividades:

  • reeducación linguística e sistemas alternativos de comunicación.
  • habilidades sociais e de comunicación
  • estimulación cognitiva
  • acceso ás novas tecnoloxías
  • actividades culturais e de ocio
  • habilidades académicas funcionais
  • actividades da vida diaria
  • actividades deportivas

 

Se desexa recibir máis información

© Aviso Legal. Todos os dereitos reservados.